Día Internacional da Danza 29 de Abril



       Cada 29 de abril celébrase o Día Internacional da Danza (DID), unha xornada fixada pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco). Esta data conmemora o nacemento de Jean-Georges Noverre, considerado o pai do ballet moderno, que naceu nesa mesma data en 1727.

      Durante o Día Internacional da Danza, bailaríns profesionais e estudantes de danza e ballet de todo o mundo saen ás rúas ou soben aos escearios para celebrar e compartir a súa arte coa xente.

      Por iso, vos propoñemos que hoxe lles mostredes aos vosos familiares o ben que bailades e interpretedes danzando estas dúas composicións musicais.



Comentarios