DEGUSTACIÓN DE FROITAS


A IMPORTANCIA DA FROITA NA INFANCIA

Segundo estudos publicados recentemente, os alimentos máis ausentes na dieta da maioríados nenos e nenas de entre 3 e 12 anos son as froitas e as verduras. Xustamente trátase dos alimentos que aportan máis cantidade de vitaminas, minerais, fibra, etc.

 Segundo os nutricionistas especializados na etapa infantil, a aceptación de novos alimentos é máis sixela cando teñen entre 2 e 4 anos. En ocasións os pais sofren moito debido a que o neno non quere comer froita. A realidad e é que os nenos e nenas comen para calmar a súa fame unicamente. Nste caso, os cereais, os azucres ou as féculas sacian máis rápido que a verdura ou a froita. Isto pode explicar por que a súa inclinación cara os primeiros.


Comentarios